Arquivo para a categoría “Titoría”

A lúa

Coñecedes algunha peli de Píxar? Pero non teño tan claro que coñezades os seus cortos. Convídovos a ver este e charlar un rato entre todos. Esta semana a cousa via de lúas.

Mordillo

Relacións humanas nunha empresa

Hoxe imos falar de relacións humanas….puuuuffff. Posto que vivimos en sociedade e vós estades a piques de incorporarvos á vida laboral imos tratar de estudiar un pouquiño este asunto. Hai moitas teorías que explican como nos relacionamos os seres humanos. Unha moi sinxela de entender é coa que vos propoño xogar. Por suposto é moito máis complexa do que imos ver, pero para comezar….verdade que todos ás veces comportámonos coma “pai”, coma “fillo” e coma “adulto”?

O teu traballo:

Na túa libreta anota os rasgos que definen o que na imaxe vemos como “pai”, “fillo”, “adulto”.

Descarga este pdf e en grupos tentade respostar ás preguntas. Propoñede un par de situacións novas.

Facemos un pequeno teatro na aula por parellas: cada un representa unha escena na que se mostren as relacións pai-fillo, pai-adulto, adulto-adulto, a que prefirades.

Navegación de artigos

%d bloggers like this: