Ilusións

Estamos falando no tema dos estímulos e da percepción pero hai moitos xeitos de confundir ó cerebro e que o que vexamos non sexa o que é de verdade.

Deixo unhas imaxes que fun atopando por internet. Se premedes nelas vense de máis tamaño para “percibilas”  mellor:

1-2
Son paralelas as liñas horizontais?
1-20
Cantas cores distintas se empregaron para pintar os puntiños?

Tamén hai ilusións que teñen que ver co movemento:

waveillusion
Supoñendo que esto se mova…
spiraldot
.. ou que por mirar ó punto do centro xire algo arredor

Incluso os pintores as veces fannos ver só unha parte do seu cadro. Cal é a que ves ti?

1-23
esquelete ou unha parelliña?

A que eu aínda non me creo é que a casiña marcada con A teña o mesmo tono de gris cá marcada con B:

De verdade a cor de A é a mesma ca cor de B?

Pero as ilusións en movemento son aínda máis desconcertantes. Podemos mirar este vídeo xusto no centro ou ben medio de esguello. A diferencia é importante:

http://bcove.me/41opheup

Xa temos un artigo publicado aquí en i-rochiño sobre as imaxes que se chegan a visualizar en 3D, es ti quen de velas?

Velaí van un par de ligazóns interesantes a cadansúa revista científica que ten vídeos e imaxes interesantes:

Se atopades máis imaxes destas podedes contárnolo nun comentario.

Advertisements

Cambio climático

Estivemos visitando a exposición organizada por CEIDA titulada “Cambio climático: O reto do século XXI”. Montámola polos corredores do cole para que a visitara toda a comunidade educativa.

Os alumnos de 1º e 2º da ESO fixemos diversas actividades:

  • visualizar  o vídeo que proponían os materiais de CEIDA
  • pequeno  debate sobre o tema
  • traballar paseando entre os carteis.

Lembrade que na libreta tedes que ter anotado:

O teu traballo:

  • Visitar a exposición e traer unha pregunta dalgún dato ou idea que te chame a atención para propoñerlla ós teus compañeiros na aula (vale traer anotada a resposta)  😉
  • Escoller un cartel e anotar o máis relevante para a posta en común, dúas ou tres ideas son dabondo
  • Podedes engadir comentarios a este artigo coas vosas preguntas
  • Se queredes podedes consultar os materiais da exposición aquí.
  • Se atopades páxinas sobre o tema convidádenos a visitalas compartíndoas nos comentarios a este artigo. Por exemplo, tamén é interesante botar un ollo a Climántica.

Proposta voluntaria

Entrevistar a xente maior  (gravala en vídeo ou só o audio) para facer o noso estudio científico local propoñéndolles preguntas  para investigar se son conscentes do cambio climático. Ideas para preguntar:

  1. Chovía máis cando Vd era cativo?
  2. Nevaba polo Nadal daquela?
  3. As néboas eran como agora?

Entregade os resultados das enquisas nun documento completando os datos que obteñades cunha pequena crónica das anécdotas e opinións dos velliños que entrevistedes: moito respecto pola súa sabedoría

Proximamente veremos os resultados neste mesmo artigo 😉

Entramentras ben guapiños que saídes nestas fotos e nas que xa colguei na web do cole:

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

Velaí vai unha presentación feita por unhas compañeiras:

Presentación cambio climatico

Podemos facer críticas? Por exemplo cómpre ter en conta que os textos teñen que poder lerse!!, algúns dos vosos párrafos teñen un fondo demasiado forte para a cor da letra.

 

 

Reprodución das plantas

  • Reprodución asexual

Comezamos pola reprodución asexual nas plantas. Este vídeo paréceme especialmente interesante.

O teu traballo:

Despois de ver este vídeo  anota nos comentarios deste artigo  os termos que non están no noso libro (debemos ler antes o libro, claro) e dá unha pequena explicación deles.

Se atopas outro recurso (fotos, esquema, vídeo, texto…) en internet no que se fale deste apartado cóntanolo noutro comentario.

  • Reprodución sexual das plantas( .. continuará…)

Para repasar o tema velaquí tedes un test. Trae as respostas 😉

Clonación

Clonación vexetal

No caso das plantas a clonación leva facéndose de sempre: coller unha parte do talo  dun xeranio para plantalo nunha maceta fai que os xenes da nova planta sexan os mesmos cós da orixinal e se a xenética é a mesma  serán clones unhas das outras.

Atopei un sitio web onde conta información interesante. Para poder entender ben o da clonación podemos ler estas páxinas:

Falamos na aula do tema da clonación. Buscade unha definición pola web e deixádea nun comentario.

Ovella Dolly

O tema púxose de moda coa clonación da ovella Dolly. Aconséllovos ler esta páxina moi interesante dun profesor de Granada.

A clonación en humanos dá lugar a unha chea de debates de bioética. Busca na web opinións a prol ou en contra incluíndo a información que atopes do que din as leis dos países. Podes dar a túa opinión nos comentarios discutindo cada opinión que atopes. Lembra pegar a URL da páxina web á que te refires