Documento de Autocad

Unha ligazón para que descarguedes o documento co que traballamos no curso da Universidade de Cantabria do profesor Luis A. Sáiz.

images

Se queredes probar alternativas a Autocad que é caro dabondo e non queredes piratealo (ben sei que vós non facedes tal)  tedes dúas posibilidades que eu coñeza:

  • DraftSight é un clon de versións antigas de Autocad. Está moi ben, gratuíto para estudantes.
  • LibreCAD é software libre. Un chisco diferente pero para aprender é dabondo. O interesante é que hai versión portable, é dicir que en troques de instalalo no disco duro podes instalalo nun pen e traelo e levalo para usar en calquera ordenador. Xa coñecedes PortableApp.com, ou?

Coñecedes outros recursos? Compartídeos nos comentarios.

Advertisements

Acoutamento

Atopei pola rede este documento que podedes descargar do asunto da acoutamento. Sinto non lembrar a ligazón de onde o saquei, confío que o/a autor/a non se ofenda se non o enlazamos. Imos facer bo uso del 😉

Esta páxina web é moi interesante. Ten moitas seccións para aprender debuxo técnico con animacións en flash ou canal en Youtube.

Aconséllovos esta sección que trata do tema da acoutación.

 

 

Instalación e mantemento de autómatas programables

Neste tema ides ter que traballar bastante coas fotocopias.

Lembrade ir facendo o traballo cos apartados 18.10, 18.11, 18.12

Velaquí vai a primeira parte.

A segunda parte.

Lembrade que o seguinte serían os apartados mencionados que tedes que traballar vós. Esta é a presentación que fixo Rodrigo.

Aquí a derradeira parte.

A miña proposta de cuestionario vai aquí.

Botádelle un ollo á aportación de Adrián nos comentarios cos seus vídeos.

Familia de redes de campo PROFIBUS

Este é o segundo tema que imos tratar.

Deixo os pdf que usamos na aula:

Introdución e características xerais

Primeiro documento de PROFIBUS-DP

Rematamos PROFIBUS-DP

Aquí queda un cuestionario destes apartados

Botádelle un ollo  a esta páxina de Siemens; é unha presentación do tema que estamos a tratar

O documento de PROFIBUS-PA e de PROFIBUS-FMS

Cuestionario desta parte