Arquivo para a categoría “Ventilación”

Outra versión dos apuntamentos

Deixovos aquí unha versión mellorada das miñas anotacións. A parte de climatización aínda está sen rematar pero lembrade que traballamos cos materiais que tedes na bibliografía deste documento:

Descargar pdf

Ver online (bastante lenta..,)

Recuperadores de calor

Moi atentos ó tema dos recuperadores de calor, xa comentamos que poden ser caros de instalar pero a súa eficiencia chega ó 90%

  • Podemos ver información en internet nunha páxina web da empresa vonen.com
  • ou nun vídeo chulo dos recuperadores de calor de S&P

Recursos na web sobre climatización

  • Convídovos a visitar esta páxina El blog de un frigorista é un blog que está cheo de información e de recursos, botade un ollo ós vídeo que ten incrustados.
  •   O noso tema ten que ver coa eficiencia enerxética este blog está cheo de animacións e explicacións moi clariñas
  • Esta páxina sobre todo tipo de instalacións. Chámase MID, manual do instalador dixital e quere ser unha canle de comunicación especializada. Ten unha chea de documentos e de información sobre temas que nos poden interesar. Por exemplo  facendo clic en

Seleccionar Disciplina -> 01_INSTALACIONES -> AireAcondicionado

permite descargar pdf sen necesidade de rexistrarse. Ten unha pinta estupenda!!

  • Para estar ó tanto das novidades deste mundiño temos esta outra é directamente sobre aire acondicionado. Tamén á esquerda ten unha sección de artigos.

  • Outro sitio interesante é construmatica.es no que teñen unha especie de wikipedia que chaman construpedia con entradas ás que paga a pena botar un ollo.
  • Xa falamos de varias empresas de climatización, é interesante visitar esta outra na que na sección Tecnología. Ten información dos dispositivos que vende, concretamente sobre as cortinas de aire

Por suposto as grandes empresas do sector que xa son familiares para nós!!

Cálculo de condutos: axuda ISOVER

Cando traballamos con condutos de fibra de vidro unha das empresas de referencia é ISOVER. Os datos que vos din en fotocopias saqueinos deste documento.  Na súa web ten unha páxina na que bota unha man no cálculo de condutos rectilíneos.

Lembrade que xa falamos noutra entrada dos diámetros equivalentes

Anotacións de cálculo de condutos

Deixovos aquí o pdf que fun facendo á vez que vós a vosa libreta por se queredes descargalo. Esta é a versión 1.1 . Xa inclúe o principio do apartado de ventiladores. Lembrade que é a primeira versión. Por non ter non ten nen debuxiños…

 Xa temos unha versión mellorada un chisquiño (v.1.3)

Navegación de artigos

%d bloggers like this: