Arquivo para a categoría “Soldadura”

Soldadura dura

CAM00189

 

 

Foto das vosas soldaduras feitas coas bombonas de butano e varilla de platex en tubos de cobre.

É unha pequena selección dos que as entregaron a tempo. Convídovos a comentalas e criticarlas para que aprendamos entre todos.

Soldadura oxiacetilénica

As diapos mangueiras deste tema.

Falamos das características da soldadura oxiacetilénica:

  •  dos gases que se usan,
  • materiais  empregados,
  • normas de seguridade
  • rutinas do traballo
  • como son os sopletes, as mangueiras, as válvulas…
  • como é a lapa acetilénica,
  • e da viaxe dos gases dende as bombonas

Aprender a regular a lapa vai ser cousa de ir queimando e practicando no taller. Sinto que este ano non teñamos moito tempo 😦

Vou recollendo páxinas que poden ser de interese para nós:

Páxina de construmática

Páxina cunha información estupenda sobre o acetileno nunha páxina dun bombeiro

 

 

Soldadura en cobre

Moi boas.

Quedan aquí as diapositivas que vimos na aula do tema de soldadura en cobre branda e dura.abocinado

  • Falamos do que é unha soldadura
  • Ferramentas que usaremos
  • Tipos e clasificacións
  • Receta para facer unha soldadura branda e outra dura

Botádelle un ollo e se atopades erratas ou xeitos de mellorala facede as vosas achegas nos comentarios. Lembrade que é interesante saber de que temperaturas falamos e que materiais usamos.

Para o demais xa nos vemos no taller.

A foto desta entrada é un dos vosos traballos. Cómpre prepara a peza de cobre antes de comezar a soldar. Pode que precisemos abocinar ou expandir o tubo co que traballamos. E sempre escariar e limpar as pezas.

Soldadura branda

Vou deixando páxinas para que consultedes:

aportarSn

Navegación de artigos

%d bloggers like this: