Arquivo para a categoría “Sistemas Operativos”

Esto se acaba…

Outro ano máis  vaise de vacacións. Este ano traballamos en Sistemas Operativos Monoposto se SMR e moi pouco en Montaxe e Mantemento de FP Básica (ese Internet…).Imos xuntar todo o que fixemos:

  • Aumentamos o catálogo en PressBook de actividades publicadas online e aínda faltan cousas.
  • Temos uns repositorios en GitHub para lembrar os scripts que traballamos en bash e tamén en batch.
  • As anotacións que van indo paseniño e nunca daremos rematado 😉
  • O wiki no que contamos como se foron facendo esas anotacións aprendendo Jekyll.

Variables con números por nome

Cando empregamos comandos tecleamos ás veces unhas letras despois que lles chamamos opcións:

ls -l
dir /A

son caracteres que poñemos despois dos comandos para facer algo un chisco distinto. Cando traballamos coa consola podemos facer uso deles usando  o nome $1 se vai xusto despois do comando, $2 se vai de segundo, $3,…

O teu traballo:

Proba o seguinte código en batch  e tradúceo a bash:


@echo off
set /A var_Ducias= %1% * 12
echo Son %var_Ducias% ovos
pause

Lembra executalo dende a consola. Se lle pos de nome ducias.cmd deberás executalo:

Encargo escolar

Os profes do cole de enfrente pediron que lle fagamos un script para que os peques practiquen a táboa de multiplicar.

O código debe xenerar dous números ó chou. Ten que móstrarllos ós peques e pedir que tecleen a resposta. Cando o resultado sexa correcto felicita ó cativo. Se non haberá que darlle outra oportunidade.

Melloras: Podemos tamén contar os acertos que leva e xogar unhas dez ou doce veces.

O teu traballo:

Os profes esqueceron dicir se usan Linux ou Windows polo que non queda outra que facer cadanseu scripts 😉 

Ficheiros de configuración

Varios ficheiros permiten configurar o sistema e que as modificacións que facemos sexan permanentes. Poden ser para o sistema ou solo para o usuario. Exemplos aquí e tamén aquí.

O teu traballo:

Cotillea neses  ficheiros e modifica o prompt para que saia ó teu gusto cada vez que abres un terminal.

Como se fai todo esto en Windows?

Variable PATH

Falamos de que hai variables que veñen de fábrica. Unha delas era PS1. Emprega o comando

printenv

para cotillealas todas. Unha importante é PATH. Esta é útil se queremos executar programas directamente.

O teu traballo:

Consultando por exemplo o paso 2 de aquí.

  1. Garda varios dos teus scripts nunha carpeta 
  2. Copia a ruta desa carpeta 
  3. Engádea a $PATH
  4. Executa un deses scripts chamándoo polo seu nome (olliño cos permisos)
  5. Conta na túa libreta electrónica como facer esto mesmo en Windows

Navegación de artigos

%d bloggers like this: