Esquinas soldadas

Lembrades que fixemos soldadura con butano tanto dura como branda. Un dos retos foi tratar de soldar tubos cortados a 45º para facer unha esquina. Saquei unha foto para que vexades como quedaron: un fíxose con estaño e o outro é unha soldadura duraCAM00192

Advertisements

Traballos feitos de mecanizado

CAM00161

Vou ir facendo unha galería de fotos  dos vosos traballos deste curso de mecanizado. Coido que algo de destreza en limado adquiristes!!

Estes son os primeiros que fixemos xunto cos parafusos. Esta práctica era común para todos. Móstrovos o que ten bos acabados. (Pedirei autorización ó autor por se prefire manterse no anonimato)

Prometo seguir poñendo fotos dos do terceiro trimestre que eran voluntarios. Ide poñendo as pezas guapetonas para a foto 😉

Esta peza de aceiro  non ten bos acabados pero  quedou chulo

CAM00197

 

Soldadura oxiacetilénica

As diapos mangueiras deste tema.

Falamos das características da soldadura oxiacetilénica:

  •  dos gases que se usan,
  • materiais  empregados,
  • normas de seguridade
  • rutinas do traballo
  • como son os sopletes, as mangueiras, as válvulas…
  • como é a lapa acetilénica,
  • e da viaxe dos gases dende as bombonas

Aprender a regular a lapa vai ser cousa de ir queimando e practicando no taller. Sinto que este ano non teñamos moito tempo 😦

Vou recollendo páxinas que poden ser de interese para nós:

Páxina de construmática

Páxina cunha información estupenda sobre o acetileno nunha páxina dun bombeiro

 

 

Soldadura en cobre

Moi boas.

Quedan aquí as diapositivas que vimos na aula do tema de soldadura en cobre branda e dura.abocinado

  • Falamos do que é unha soldadura
  • Ferramentas que usaremos
  • Tipos e clasificacións
  • Receta para facer unha soldadura branda e outra dura

Botádelle un ollo e se atopades erratas ou xeitos de mellorala facede as vosas achegas nos comentarios. Lembrade que é interesante saber de que temperaturas falamos e que materiais usamos.

Para o demais xa nos vemos no taller.

A foto desta entrada é un dos vosos traballos. Cómpre prepara a peza de cobre antes de comezar a soldar. Pode que precisemos abocinar ou expandir o tubo co que traballamos. E sempre escariar e limpar as pezas.

Roscado

Velaquí tedes as diapositivas de roscado que se corresponden coa parte do tema:

Procedementos operatorios de unións non soldadas

Os aspectos que abordamos son:

  • Características das roscas
  • Métrica, Withworth e de gas
  • Útiles de roscado
  • Cálculos sinxelos para facer roscas

Que tal o inglés? Fixen unha pequena aplicación para calcular as velocidades axeitadas da tradeadora segundo o tipo de material sobre o que traballades e o diámetro do burato que desexades facer

. Premede aquí para ver na web a app.

Agora que xa o sabedes facer a man podedes probar que tal funciona en internet

si, si, tedes razón teño que traducila pero aproveitei que estaba facendo un cursiño  e que cumpría facelo en inglés….  en fin, xa sabedes: intendencias.

por certo, aprobei o curso 😉