Outra versión dos apuntamentos

Deixovos aquí unha versión mellorada das miñas anotacións. A parte de climatización aínda está sen rematar pero lembrade que traballamos cos materiais que tedes na bibliografía deste documento:

Descargar pdf

Ver online (bastante lenta..,)

Advertisements

Recursos na web sobre climatización

  • Convídovos a visitar esta páxina El blog de un frigorista é un blog que está cheo de información e de recursos, botade un ollo ós vídeo que ten incrustados.
  •   O noso tema ten que ver coa eficiencia enerxética este blog está cheo de animacións e explicacións moi clariñas
  • Esta páxina sobre todo tipo de instalacións. Chámase MID, manual do instalador dixital e quere ser unha canle de comunicación especializada. Ten unha chea de documentos e de información sobre temas que nos poden interesar. Por exemplo  facendo clic en

Seleccionar Disciplina -> 01_INSTALACIONES -> AireAcondicionado

permite descargar pdf sen necesidade de rexistrarse. Ten unha pinta estupenda!!

  • Para estar ó tanto das novidades deste mundiño temos esta outra é directamente sobre aire acondicionado. Tamén á esquerda ten unha sección de artigos.

  • Outro sitio interesante é construmatica.es no que teñen unha especie de wikipedia que chaman construpedia con entradas ás que paga a pena botar un ollo.
  • Xa falamos de varias empresas de climatización, é interesante visitar esta outra na que na sección Tecnología. Ten información dos dispositivos que vende, concretamente sobre as cortinas de aire

Por suposto as grandes empresas do sector que xa son familiares para nós!!