Fixando ideas

Tratamos o tema das relacións na empresa, dos riscos laborais e da reciclaxe de materiais que usamos na oficina.

O teu traballo:

Podes escoller entre un bubbl, unha presentacioncita sinxela ou un guión dun sketch coma o de Camera Café que vimos noutro post.

Representala, gravala en vídeo, crear un canal en vímeo ou youtube, subila á libreta electrónica….. será outro día.

https://i2.wp.com/www.majortheatre.com/images/ban_curtains.jpg

Advertisements

Reciclaxe doutros materiais

https://i1.wp.com/www.ecoazteca.com.mx/wp-content/uploads/2015/03/reciclar-residuos-electronicos-solo-con-empresas-certificadas.001-795x413.jpg

Cando falamos de reciclaxe sempre falamos de papel, plástico ou vidro pero hai outros materiais que tamén usamos nas empresas e cómpre reciclar.

O teu traballo:

  1. Averigua o que se fai co tóner das impresoras láser.
  2. Que pasa cos aceites usados? nun restaurante? nun taller de coches?
  3. Recíclanse os metais dos cables?
  4. Conta como se recicla un ordenador.
  5. Fai un resumo do que conta este artigo sobre as pegas das empresas de reciclaxe

Empresas recicladoras

Atopei esta páxina de ecoembes chea de nuevo-logo-ecoembes_0_0información. Recollemos  datos de aquí e aquí.

O teu traballo:

  1. Reciclamos máis ou menos cá media europea?
  2. Cantos contenedores de papel hai en España?
  3. De que reciclamos máis quilos de plástico ou papel?
  4. Causa contaminación transportar os residuos á pranta de reciclaxe?
  5. Cantos postos de traballo son debidas á xestión de residuos?

Refugallos e papel

E que facemos co lixo que nos sobra? Podemos reciclar os materiais cos que traballamos en ofimática?

O teu traballo:https://i1.wp.com/www.hgsitebuilder.com/files/writeable/uploads/hostgator320757/image/ewaste.gif

Consultando esta web localiza os datos seguintes:

Cantos gramos de CO2 evitamos que chegue a atmosfera por cada quilo de papel que non mandamos a queimar?

Cal é o consumo típico de papel nunha empresa?

Busca por internet o que é a Responsabilidade Social Corporativa.

Na nosa empresa…. cantos folios gastamos no instituto?

Que se fai no instituto co papel que sobra?

Podes aportar algunha idea para mellorar a reciclaxe de papel?

Os Simpsons e a prevención

Podemos facer un traballo a medias coa asignatura de inglés. Atopei esta páxina que é moi coñera chea de pósters dos Simpson. https://i2.wp.com/prevenblog.com/wp-content/uploads/Los-Simpson_cartel-3.gif

O teu traballo:

Descarga cinco dos pósters e fai a tradución ó galego.

Usando Inkscape ou LibreOffice Draw fainos de novo para que podamos entendelos todos.

Publícaos na túa libreta electrónica.

Podes axudarte por WordReference ou polo dicionario de galego.