Faite socio/a

Imaxinade que estamos na xunta directiva dunha asociación deportiva ou dunha ONG e queremos facer un deseño do boletín de inscrición para que a xente se faga socia.

Queremos solicitarlles datos coma o seu nome, o seu enderezo postal, o seu correo electrónico e incluso o número de conta para pasarlles as anualidades.

Fixádevos no que vos poño de exemplo aquí á dereita: ten o logo da asociación, un título e unha táboa con casiñas para que enchamos os datos.

Cotilleo: saqueino de google, por se queredes ver máis. Nen son socia nen coñezo o que é esa asociación pero non deben ser mala xente se coidan dos cans abandoados 😉

O teu traballo:

Deseña empregando táboas un recibo, gárdao en .pdf e súbeo ó teu caderno nunha entrada que se chame “Faite socio/a” para que a xente poda descargalo

Advertisements

Curriculum vitae

Como estamos nunha formación Profesional temos que ir facéndonos á idea de irnos preparando para a vida laboral. O currrículum é a nosa presentación para optar a un posto de traballo. Existen moitos modelos pero imos facer un sinxelo e de paso repasamos interlineados, tipos de letra, inserir fotos,…

O teu traballo:

Ocupando só unha carilla dun folio inventa un CV que teña alomenos os apartados:

  • Datos persoais
  • Formación académica
  • Experiencia laboral
  • Aficións
  • Foto tipo carné

     

     

    Coma sempre expórtao a .pdf e súbeo ó teu iCaderno

Cartas formais

O noso seguinte traballo vai ser practicar as alineacións, interlineados. Aprenderemos a escribir xa de paso cartas formais como a da imaxe.

O teu traballo:

Tes que redactar tres cartas formais empregando correctamente os tabuladores, interlineados, alineacións,…:

  • carta solicitando a unha embaixada información sobre o seu país

  • carta ó ministerio de cultura pedindo información sobre visitas culturais

  • carta ó dire do instituto propoñendo unha actividade para este curso

Deseñando un logotipo

Imaxinade que cando estades de prácticas nunha empresa o voso xefe pídevos que fagades o deseño do logotipo corporativo.

O teu traballo:

Anota as características que debe ter un logotipo segundo di esta web.

Usando un programa de debuxo como o LibreOffice Draw  fai un logo sinxelo.

Expórtao ou gárdao con formato .png e súbeo ó teu caderno electrónico nunha nova entrada que se titule igual cá esta.

Organizando a loxística

Imos fabricar a infraestructura para traballar. Crearemos un sitio web que usaremos coma o noso caderno de clase. Seredes os propios administradores do voso i-Caderno. Ten que quedar chulo!!

Lembrade que no mantemento inclúese eliminar os off-topic: as entradas ou comentarios que non teñan que ver co tema que tratamos. Sempre podedes crear un blog persoal coas vosas cousiñas. Agora xa ides saber ;-).

Boto unha man. Ides paseniño facendo o que vou indicando.

O teu traballo:

-Creamos unha conta en gmail para uso profesional (non valen as que xa tedes persoais)

-Creamos un blog en wordpress para usar con cousas do instituto (non valen os que xa tedes propios)

-Escribe a túa primeira entrada presentando o blog que teña unha ligazón a rocho-950x264.pnge a algunha foto que escollades.

-Deixade nos comentarios deste artigo a ligazón da vosa libreta electrónica para que poida poñela no índice deste curso.

-Enviarme un correo electrónico para verificar que funciona a conta en gmail.

Consellos:

  • poñede o mesmo nome de usuario, non é necesario pero aconséllovolo
  • coidadiño cos contrasinais: se os esquecedes non podedes continuar traballando

 

Escolma de Ofimática

Conteivos que podedes pasar a vosa libreta electrónica a .pdf automáticamente empregando PressBook. Tede conta do tema que usades, algúns estragan as fotos!

Acabo de facelo con  cropped-rocho-400x170.png  e velaí vai o

.pdf  de Ofimática do curso 2015-2016

por se queredes descargalo para botar un ollo ó que vos falta por rematar.

Tamén podedes ver a versión do libro na web

OPS!!! Acabo de decatarme que algunhas páxinas saen desordenadas: Esto de facer as cousas automaticamente é o que ten…