sftp de gratis

Vimos que cando instalamos ssh podemos usar tamén scp para traer e levar arquivos. Tamén temos o comando sftp co que entramos noutro servizo en rede: FTP para transferencia de ficheiros. Será o noso seguite tema, pero xa que o temos instalado imos xogar un chisco con el.

O teu traballo:

  • Precisamos chaves para traballar en ssh (xa as temos) e deixamos o Port 22
  • Como nos conectamos?… a mesma idea de sempre:

sftp usuario@172.16.5.10

  • Móstranos un prompt novo. Temos que aprender os comandos necesarios, pedimos axuda: help

    Na imaxe están os comandos de sftp máis relevantes: get e exit
  • Quero traer ó meu Ubuntu ese ficheiro tan importante que está no servidor onde o usuario chamado usuario que fabricamos hai uns días: o fascinante fichfich.txt. Non vai ser difícil:

get fichfich.txt

  • Estou no ordenador remoto e se fago ls verei os ficheiros de dserver00 pero hai un truquito para ver os ficheiros do meu ordenador local (Ubuntu). Para ver se teño o ficheiro que descarguei: lls. Mostra a saída no teu caso.
  • Resulta que na carpeta Modelos de Ubuntu hai ficheiros superinteresantes que quero subir ó servidor dserver00. O comando para subir é put pero como é unha carpeta e o seu contido preciso poñer -r
  • Xoga co comando ! e cóntanos para que se usa.
  • Asi…. a poucos… xa sabemos todo de FTP
Detalle: para cambiar o porto en sftp non vale -p cómpre usar
sftp -oPort=2222 usuario@172.16.5.10
Máis información

Unha opinión sobre “sftp de gratis

  1. Pingback: vsFTP

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s