Charlando cos scripts

Dous novos comandos para interacionar cos scripts: echo que xa coñecemos e un novo:  read

Teclea no terminal:

read   varResposta 

e verás como agarda a que introduzas caracteres. O que ti tecleas almacénase nunha casiña (tecnicamente é unha variable) que me deu por chamar varResposta.

Imaxina que $ significa “o que hai na casiña chamada….“. Agora teclea no terminal:

echo   $varResposta

verás que mostra en pantalla “o que hai na casiña chamada varResposta ” que vén sendo o que ti escribiches.

monitos-charlandoO teu traballo:

1.- Fai un script chamado educado.sh que cun echo pregunte o nome da persoa que executa o script, cun read almacene o que  escriba nunha variable (que suxiro que se chame varNome) e que con outro echo  dea os bos días empregando o nome do usuario.

2.- Teclea un script chamado carpetilla.sh que cun echo pregunte o nome para poñerlle a unha carpeta, cun read garde a resposta na variable nomeCarpetilla  e que cree a carpeta con xusto o nome que lle dera o usuario.

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s