Operador tubería ou pipe

Xa sabemos redirecionar o que nos responde o terminal a un ficheiro, non? Imos complicalo un chisco máis. Agora queremos que a saída no terminal pase directamente a outro comando en vez de mostrala en pantalla. Precisamos tuberías ou pipes. Indícanse cunha raia vertical ||||||0303_0-769x360

O teu traballo:

1.- Queres ler o manual do comando ls pero ten demasiado rollo, abonda con ler as cinco primeiras liñas. Ou sexa queremos que o resultado de man ls pase por head -n 5

2.- Anota como ver as 11 derradeiras liñas do manual do comando pwd.

3.- Con ls -l  obtemos moita información, por exemplo do mes que se creou un ficheiro. Con grep atopamos unha liña que ten unha palabra concreta. Anota como atopar os ficheiros creados en setembro no teu directorio de traballo.

4.- De toda a saída do history só quero  as doce derradeiras liñas para redirecionalas a un ficheiro que se chame arrincadeiras.hist

5.- Como fago se só quero ver as liñas  penúltima e antepenúltima do ficheiro arrincadeiras.hist

Advertisements

5 opiniones sobre “Operador tubería ou pipe

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s