Pósters, murais, mapas, esquemas

https://i2.wp.com/content.gnoss.com/imagenes/Documentos/ImagenesSemanticas/f5dfb959-41d0-463e-af63-88684cc9d9c6/16d977ca-c209-82d4-6f19-e35d54d8b666.jpg

Unha excusa para afianzar os coñecementos cos que estamos traballando. A modo de repaso tedes que retomar todo o material: fotocopias, rocho_biselado1.png, as vosas entradas na libreta electrónica, o que falamos na aula,…  ter claro as ideas e como se relacionan entre elas. E temos unha chea!!!

O primeiro paso sería poñer en círculos as palabras que son relevantes, ir engadindo flechas con palabras de enlace que relacionan os conceptos que están nos círculos e paseniño ir metendo cada vez máis contido. O resultado final chámase mapa conceptual. Para saber moito do tema aquí. A wikipedia fala deles e aquí tedes unha páxina máis técnica.

Cotilleade onde falamos dun exemplo de mapa conceptual que fala de mapas conceptuais. Para inspirarse aquí pero os nosos van ser mellores!!

O teu traballo:

Con tantos folios A3 como precises fai un mapa conceptual dos aspectos tratados ata hoxe. Vale facelo por parellas.

Saca  unha foto co móbil.

Abre unha nova entrada na túa libreta electrónica e sube o ficheiro da foto para que podamos ver o estupendo que vos quedou.

Por suposto que existen aplicacións online para facelos, pero por unha vez na vida imos traballar sobre papel. Papel moi grande 😉 tanto coma precisedes.

 

 

Advertisements

Unha opinión sobre “Pósters, murais, mapas, esquemas

  1. Pingback: Engadir chuladas |

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s