Comezamos coa asignatura de Redes da FP Básica

Benvidos a este blog !!!

Este sitio web será o lugar onde vou ir anotando o que facemos na aula, os temas que tratamos e ligazóns que sexan interesantes para o noso traballo.

Ata agora o que fixemos foi tratar moi polo miúdo:

  1. As vosas ideas sobre o que son as redes pintando unha nube de palabras sobre o tema. Caseque todos anotáchedes as redes sociais que coñecedes.
  2. Intentamos consensuar entre todos unha definición “de andar por casa” do que consideramos unha rede. As dos pescadores tamén son redes !!
  3. Para tratármonos de entender como viaxan os datos xogamos con códigos binarios, aquelo dos puntos e raias do Morse e o código ASCII de uns e ceros.
  4. Un par de ideas sobre sistemas operativos. Supoño que todos gardamos o documento que elaboramos, non?

Traballos pendentes para estes días:

Posto que a rede máis grandota é internet imos aprender a manexala.

Convidados quedades a facer a vosa primeira achega a este blog.

Premendo en “Deixar un comentario” podedes presentarvos, saúdar ou contar algún cotilleo.

Vémonos na aula e quedamos nas redes

Advertisements

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s