Trucos para mellorar o que publicamos

Paseniño  podemos ir descubrindo truquillos para mellorar as nosas libretas.

Se descubrides algún podedes deixar un comentario a este artigo. Déixovos uns cantos que vou atopando:

Engadir html nos comentarios

Este comic explica estupendamente como mellorar con negritas e ligazóns os vosos comentarios. Polo camiño ides aprendendo html.

Engadir imaxes nos comentarios

  • O máis sinxelo é copiar e pegar nas tripas da vosa libreta.
  • Tamén podedes copiar o URL é dicir, o enderezo da páxina (eso de http://www …. ) e pegalo. Se prememos na ligazón levaranos a ver a imaxe.
  • WordPress ofrécenos o botón Engadir multimedia e podemos subir unha foto que teñamos no ordenador (por exemplo  que sacáramos co móbil)
  • Truco avanzado para engadir imaxes nos comentarios: Pódese pegar a URL entre etiquetas HTML. Cómpre meter a URL entre as comiñas e escribir o seguinte:
  • <img src=”aquiVaiURLcopiadaePegada” /> 

Engadir vídeos

Sempre se pode copiar e pegar o URL da páxina onde visualizades o vídeo pero non é boa idea.

Se o video está en Youtube e o estades vendo nesa web, xusto debaixo premede o botón  Compartir e copiade o URL que aparece (ten pinta algo asi como http://youtu.be/xxxvaitisaberyyy)

Se o pegades na vosa libreta (ou nun comentario) queda incrustado e podemos velo directamente

Novidade Premer no botón Engadir multimedia e alí Inserir YouTube. Pegades a URL anterior e premedes o botón á dereita debaixo de Inserir

Engadir .pdf

Podemos subir un .pdf do mesmo xeito que subir fotos:

Botón Engadir multimedia e subilo a wordpress. Non vale darlle ó botón para engadilo: cómpre copiar a URL que nos dá arriba á dereita. Na nosa libreta poñémola  como unha ligazón calquera e o visitante pode descargar no seu ordenador o noso ficheiro.

É como fun facendo os comentarios deste post.

Advertisements

11 opiniones sobre “Trucos para mellorar o que publicamos

  1. Pingback: Soldadura |
  2. Pingback: Pasar a .pdf |

Deixar un comentario

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s